Como ocorre en toda a chamada Riveyra Sacrata (Ribeira Sacra), da íntima relación que hai entre a paisaxe, os mosteiros e o cultivo da vide xorden os caldos con maior fama de toda Galicia, uns viños que nos tempos dos celtas e dos romanos eran coñecidos coma o ouro líquido do río Sil. Nas ribeiras deste cauce nace VERDES MATAS, un caldo que toma o seu nome da tradición das xentes do lugar que tiñan por costume recitar á hora de tomar un destes zumes aquilo de: “viño das verdes matas/ tí me crías/ tí me matas/ inclínasme ás mulleres/ fás de min o que queres...”.

Ó longo dos séculos de auxe dos mosteiros, os caldos da Ribeira Sacra convertíronse nunha das bases da economía do medievo galego, así coma nos protagonistas de excepción do intenso tráfico fluvial que navegaba polas espectaculares ribeiras do río Sil hasta el Portus Polumbaris ( Puerto de Pombeiro ). Na actualidade, as terras de Amandi de Pombeiro seguen sendo o berce dun dos viños emblemáticos de Galicia.

Diseño prowebpc.com